Na última avaliación, o alumnado de Ciencias Sociais de 1º, 3º e 4º de ESO do IES “Gregorio Fernández” participou activamente noutra das actividades enmarcadas no Proxecto Ríos como foi “Á beira da letra, a carón do río”. Nesta ocasión, contamos coa colaboración da Biblioteca do noso centro, da man de Raquel Arias.
A actividade trataba de artellar a percepción visual e fotográfica dos ríos de Sarria (Sarria, Celeiro) a través da linguaxe poética de Fiz Vergara Vilariño. En primeiro lugar, o alumnado participante nesta actividade levou a cabo unha lectura de todas as composicións poéticas de Vergara Vilariño que mencionasen ou aludisen directa ou indirectamente ao río ou ao contexto do río. Deste xeito, cada alumno/a foi seleccionando cadanseu poema. Posteriormente, o profesor ofrecía algunhas indicacións de linguaxe fotográfica e cultura visual para que cada un dos alumnos puidese tomar a fotografía dende a perspectiva do texto poético que escolleu e preparando de antemán a toma. Finalmente, o alumando facía a súa fotografía e a enviaba xunto co poema escollido e unha breve reflexión sobre a escolla do lugar que fotografiou en relación co poema que seleccionou.
O resultado materializouse en dous soportes: unha pequena mostra dos traballos que foi exposta na propia biblioteca do centro e unha pequena edición dixital cos traballos dos alumnos/as que está pendurado no blogue da propia biblioteca.
A actividade resultou moi interesante para o alumnado, pois tiveron a ocasión de experimentar con dous medios, a fotografía e a poesía, aparentemente contrarios en definición (un medio obxectivo e outro máis subxectivo) pero moi eficaces na resolución dunha solución expresiva propia a cerca, neste caso, da percepción dun elemento tan importante na paisaxe de Sarria como é o propio río.
Aquí tedes unhas imaxes da exposición
E aquí tedes a opción de ver os traballos do alumnado editados
trabalhos fotográficos do alumando sobre os ríos da comarca e Fiz Vergara Vilariño


No hay comentarios:
Publicar un comentario