jueves, 25 de junio de 2015
AS FONTES DO RÍO SARRIA: LOCALIZACIÓN XEOGRÁFICA DO RÍO SARRIA
Unha das cuestións máis importantes que se traballan no curso de 1º ESO é a aquela que atinxe á localización xeográfica. O alumnado de 1º ESO do IES “Gregorio Fernández” desenvolveu unha actividade relacionada con este aspecto dentro do Proxecto Ríos a mediados do mes de decembro, na primeira avaliación do curso 2014/2015.
A actividade consistía en contrastar a información cartográfica (mapa 124, 1:50000; S.G.E. 1953) con outros ferramentas xeográficas vinculadas ás TIC (googlearth, sigpac, etc) Despois disto, o alumnado tentaba establecer un esquema sinóptico do río Sarria ata a localidade de Sarria (centro urbán) aplicando o uso de todas as ferramentas que utilizou no proceso de localización e verificación: observacións directas en campo; análise cartográfica, verificación con aplicacións informáticas.
Aquí tedes algunhas imaxes do proceso.
Como se pode apreciar, a actividade foi moi sinxela e accesible no seu desenvolvemento e serviu para confirmar algúns datos de moito interese como o propio feito de que o nome do río que lle dá nome á comarca e a á vila de Sarria nace, en realidade, no concello veciño de Triacastela… cousas dos ríos!
O alumnado determinou que o nacemento do río Sarria derívase dunha serie de regos e regatos que conflúen no lugar de Lusío (42º 44’ N; 3º 35’ O) onde arrancan xa co nome de río Sarria.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario